TEST: lobos na Serra de Meira …
08/07/2009 at 11:42 | In BFGoodrich, NUPEL, PORSCHE, RALLYES, VALLEJO | Comentários Desligados
O Team NUPEL está a realizar unha nova xornada de test no tramo de Chao de Pousadoiro, na Serra de Meira, lugar habitualmente utilizado polo equipo para testar os seus vehículos en condicións de carreira.

Xa podedes baixar fotografías dos test no apartado “FOTO” desta web.
OURENSE: unhas imaxes de carreiras …
24/06/2009 at 13:09 | In BFGoodrich, MITSUBISHI, NUPEL, PORSCHE, RALLYES, VALLEJO | Comentários DesligadosOURENSE: vitoria … e liderado … para o TEAM NUPEL
20/06/2009 at 23:00 | In MITSUBISHI, NUPEL, PONS, PORSCHE, RALLYES, VALLEJO | Comentários Desligados
Como éxito absoluto pode cualificarse a participación do NUPEL Rally Team na 42ª edición do Rally de Ourense, xa que os seus vehículos coparon tres das catro primeiras posicións da clasificación final da proba. Co resultado obtido, Xevi Pons xa encabeza a clasificación xeral do Campionato de España, ademais de consolidarse no liderado de grupo N e Sergio Vallejo suma a súa segunda vitoria absoluta da tempada, polo que ambos os dous contan con serias opcións para conseguir o título absoluto no nacional de rallys.
Continue reading OURENSE: vitoria … e liderado … para o TEAM NUPEL…
OURENSE: na casa e con moitísima ilusión …
19/06/2009 at 22:00 | In MITSUBISHI, NUPEL, PONS, PORSCHE, VALLEJO | Comentários Desligados
O Nupel Rallye Team chega cheo de Ilusión ao Rallye de Ourense 2009, o rallye do equipo á que representa e con ganas de dalo todo. Continue reading OURENSE: na casa e con moitísima ilusión ……
RALLYE DE OURENSE: grazas a todos vos …
17/06/2009 at 00:20 | In RALLYES | Comentários DesligadosO NUPEL RALLYE TEAM vai estar no Rallye de Ourense con catro coches. Aos habituáis Sergio Vallejo – Diego Vallejo (Porsche GT3 Rallye) e Xevi Pons – Alex Haro (Mitsubishi Evo X), engádense agora os pilotos galegos Beny Fernández – Jose Sala (Porsche 911 RS clásico) e Alvaro Muñiz – César Blanco (Mitubishi Evo X). Unha parte da “culpa” da decisión, adoptada polo Equipo tras coñecer a revogación en grao de apelación da resolución dictada no seu día polos comisarios deportivos do Rallye Rías Baixas, foi debida a grande cantidade de comunicados de ánimo que se recibiron. Por eso tamén queremos darvos as grazas a todos vos … e vémonos en Ourense.
RIAS BAIXAS: os “lobos” ao ataque … “crono ou chapa” …
01/06/2009 at 14:12 | In BFGoodrich, MITSUBISHI, NUPEL, PONS, PORSCHE, RALLYES, VALLEJO | Comentários Desligados
Nunha das edicións máis esixentes para pilotos e mecánicas dos últimos anos, o Rally Rías Baixas finalizou con vitoria de Sergio e Diego Vallejo, pilotos do Team Nupel, aos mandos do seu Porsche GT3. En segunda posición, a menos de dez segundos dos galegos, finalizou a parella formada por Miguel Fuster e José Vicente Medina. O podio da clasificación xeral, así como a vitoria entre os vehículos de Grupo N, foi para os outros pilotos do Team Nupel, Xevi Pons e Alex Haro.
Continue reading RIAS BAIXAS: os “lobos” ao ataque … “crono ou chapa” ……
Blog em WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.

































