OURENSE: vitoria … e liderado … para o TEAM NUPEL
20/06/2009 at 23:00 | In MITSUBISHI, NUPEL, PONS, PORSCHE, RALLYES, VALLEJO | Comentários Desligados
Como éxito absoluto pode cualificarse a participación do NUPEL Rally Team na 42ª edición do Rally de Ourense, xa que os seus vehículos coparon tres das catro primeiras posicións da clasificación final da proba. Co resultado obtido, Xevi Pons xa encabeza a clasificación xeral do Campionato de España, ademais de consolidarse no liderado de grupo N e Sergio Vallejo suma a súa segunda vitoria absoluta da tempada, polo que ambos os dous contan con serias opcións para conseguir o título absoluto no nacional de rallys.

O rally comezou co claro dominio do Mitsubishi Evo X durante toda a mañá, precedendo na clasificación ao Porsche do seu compañeiro de equipo, Sergio Vallejo, e ao do alacantino Miguel Fuster, chegando ao ecuador da proba cunha vantaxe de 30 segundos. Por detrás deles, unha lexión de Mitsubishi, comandada polo ourensano Rantur e entre os que tamén se encontraba o piloto do Team Nupel, Alvaro Muñiz, loitaban entre si por ocupar lugares destacados na clasificación xeral.

Se os tramos da mañá, moi sucios e rotos, resultaban claramente favorables para as características dos vehículos da marca nipoa, os da tarde presentaban unhas condicións máis vantaxosas para os GT. Estas condicións, unidas á elección polo Mitsubishi dun composto de gomas que ao cabo se mostrarían menos eficaces, así como polo forte ritmo dun Vallejo “despeiteado” no mítico Canón do Sil, axustaría ao máximo as posicións na loita pola vitoria no rally que, ao cabo, acabarían conseguindo Sergio e Diego Vallejo por tan só 7 segundos.

A participación do coruñés Alvaro Muñiz, copilotado por César Blanco, non pasou desapercibida para os afeccionados ao motor, que puideron gozar da súa espectacular condución durante toda a xornada e que levou ao segundo Mitsubishi Evo X do Team Nupel á cuarta posición do rally e ao podio na Evo Cup.

Outro foco de atención estivo no vehículo histórico (Porsche 911 RSR) que o Team Nupel encomendou a insigne parella formada por Fernández e José Luis Sala. A parella galega inundou os tramos de recordo co inesquecible son e a elegante presenza dun vehículo mítico no mundo dos rallys. Unha pena que un pequeno problema co “delco” lles hobligó a regresar ao parque de traballo a falta de catro especiais para completar o percorrido. Todo apunta a que esta non será a última aparición nesta tempada do Porsche 911 RSR – Nupel.

CLASIFICACION 42 RALLY DE OURENSE
1º – Vallejo-Vallejo – Porsche GT3 NUPEL – 2:07:50,3
2º – Pons-Haro – Mitsubishi Evo X NUPEL – 2:07:57,3
3º – Rantur-Cid – Mitsubishi Evo X – 2:10:33,5
4º – Muñiz-Blanco – Mitsubishi Evo X NUPEL – 2:11:50,0
5º – Cabanela-López – Mitsubishi Evo X – 2:13:13,3

CLASIFICACION PROVISIONAL CAMPIONATO DE ESPAÑA
1º – Xevi Pons – Mitsubishi Evo X NUPEL -157,5 puntos
2º – Miguel Fuster – Porsche GT3 CV -140 puntos
3º – Enrique García – Subaru – 121,5 puntos
4º – Sergio Vallejo – Porsche GT3 NUPEL -87,5 puntos
5º – Xavier Lujúa – Mitsubishi – 69 puntos
.
CLASIFICACION XERAL GRUPO N
1º – Xevi Pons – Mitsubishi Evo X NUPEL -187,5 puntos
2º – Enrique García – Subaru – 140 puntos
3º – Xavier Lujúa – Mitsubishi – 79 puntos
A próxima cita do Campionato de España de Rallys de Asfalto disputarase o último fin de semana do mes de agosto en Ferrol.
Blog em WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.

































