RIAS BAIXAS: os “lobos” ao ataque … “crono ou chapa” …
01/06/2009 at 14:12 | In BFGoodrich, MITSUBISHI, NUPEL, PONS, PORSCHE, RALLYES, VALLEJO | Comentários Desligados
Nunha das edicións máis esixentes para pilotos e mecánicas dos últimos anos, o Rally Rías Baixas finalizou con vitoria de Sergio e Diego Vallejo, pilotos do Team Nupel, aos mandos do seu Porsche GT3. En segunda posición, a menos de dez segundos dos galegos, finalizou a parella formada por Miguel Fuster e José Vicente Medina. O podio da clasificación xeral, así como a vitoria entre os vehículos de Grupo N, foi para os outros pilotos do Team Nupel, Xevi Pons e Alex Haro.

Dende os primeiros compases do rally, Sergio Vallejo presentou a súa candidatura á vitoria, marcando o mellor tempo en seis dos oito primeiros tramos, tras os que gozaba duns 40 segundos de diferenza sobre o Porsche de Miguel Fuster. Os problemas dunha transmisión do seu vehículo moi preto da meta da novena especial, faríanlle perder boa parte desa renda e chegar a duras penas ao parque de traballo de Vigo, onde se conseguiu substituír a transmisión por unha nova, aínda que a reparación levou consigo unha penalización de 30 segundos, cedendo a primeira posición ao alacantino.

Nun último ataque e asumindo un nivel de risco moi elevado, Sergio Vallejo marcou o mellor tempo nas dúas últimas especiais do rally, recuperando a primeira posición do rally. Sergio é consciente de que a vitoria non foi doada, manifestando que houbo que correr moito e ir ao límite durante todo o día, mesmo cando cheguei a ter certa vantaxe, porque levaba un ritmo moi alto dende o principio da proba, me sentía cómodo co coche e vía como nos animaba a afección ao pasar,“.

Pola súa banda, o podio de Xevi Pons, que mesmo rodou en segunda posición do rally, vén a reforzar notablemente o seu liderado na clasificación xeral de Grupo N, permitíndolle tamén sumar uns puntos moi importantes na loita polo Campionato de España. A satisfacción de Xevi ao finalizar a proba era evidente, cando afirmaba que me encontrei moi a gusto co Mitsubishi e o resultado é moi bo para o noso equipo” e que “o noso obxectivo no Rías Baixas era gañar o grupo N e pelexar polo podio e conseguimos ambas as dúas cousas“.

O Campionato de España retomará o seu curso en Ourense, os próximos días 20 e 21 de xuño, sen que podamos confirmar a presenza do Team Nupel en próximas probas. Onde si estará é arroupando ao seu piloto Sergio Vallejo na RACE OF CHAMPIONS que se celebra no Estadio do Dragao (Porto) durante a vindeira fin de semana.
CLASIFICACION RALLY
1º Sergio Vallejo – Diego Vallejo – Porsche GT3 NUPEL
2º Miguel Fuster – José V. Medina – Porsche GT3 – a 9,7 segundos
3º Xevi Pons – Alex Haro – Mitsubishi Lancer Evo X NUPEL – a 14,8 segundos
CLASIFICACION CAMPIONATO DE ESPAÑA
1º Miguel Fuster -135 puntos
2º Xevi Pons -122,5 puntos
3º Enrique García -117,5 puntos
4º Sergio Vallejo -87,5 puntos
————————————————————————————————————–
Of the record.- Os técnicos e mecánicos do Team Nupel pediron que se faga constar na web so seu agradecemento polo aplauso que recibiron do numeroso grupo de xente que estivo pendente no parque de traballo do IFEVI a tarefa de cambiar o palier. Grazas a todos vos. Simplemente decirvos que cando Sergio montóu no coche cara os treitos de Ponteareas e Mondariz dixo “saio a crono ou chapa” … e xa víchedes que resultóu “a crono”.
—————————-
A opinión persoal do que enche estas liñas queda reservada para o seu site persoal, precisamente por ser moi persoal. Dito esto, hai algunha xente que está a falar sen coñecer a fondo o contido regulamentario dos rallyes.
Blog em WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.

































