RIAS BAIXAS: a primeira da campaña galega

29/05/2009 at 22:38 | In MITSUBISHI, NUPEL, PONS, PORSCHE, RALLYES, VALLEJO | Comentários Desligados

2009-riasbaixas-02

O Rally Rías Baixas Vodafone 2009 significa a estrea do NUPEL RALLY TEAM ante a súa afección. Unha edición do Rías Baixas que se presenta como sempre moi atractiva, nun campionato de España que apunta será dos máis disputados da súa historia. Moitos son os candidatos e así certifícao a clasificación xeral.

Continue reading RIAS BAIXAS: a primeira da campaña galega…

RACE OF CHAMPIONS PORTUGAL

22/05/2009 at 11:11 | In RALLYES | Comentários Desligados

rocportugalvallejo

Os días 6 e 7 de xuño dispútase unha proba da RACE OF CHAMPIONS 2009 no Estadio do Dragao da cidade de Porto, que poderá ser presenciada en directo por 45.000 espectadores. A organización deste importante evento realizou en Vigo un acto de presentación, para promovelo entre a afección española.

Continue reading RACE OF CHAMPIONS PORTUGAL…

CANTABRIA: Nupel de novo no podium

17/05/2009 at 22:23 | In MITSUBISHI, NUPEL, PONS, PORSCHE, RALLYES, VALLEJO | Comentários Desligados

2009-cantabria-podio

A terceira proba do Campionato de España de Rallys finalizou coa esperada vitoria do Subaru de Enrique García-Ojeda, copilotado por Jordi Barrabés. Ao piloto cántabro acompañáronlle no podio os pilotos do Team Nupel, Xevi Pons-Alex Haro co seu Mitsubishi Lancer Evo X e os andorranos Joan Vinyes-Jordi Mercader que, co seu Clio R3, tamén acadaron un importante resultado.

Continue reading CANTABRIA: Nupel de novo no podium…

PORSCHE 911 GITANES: A recuperar a historia

10/05/2009 at 11:00 | In NUPEL, PORSCHE, RALLYES | Comentários Desligados

porsche-gitanes-montecarlo.

Fai algún tempo que tiñamos nas nosas instalacións unha xoia do automobilismo: o Porsche 911 SC-Gitanes-Almeras co que Jean Pierre Nicolas logrou a vitoria no Rallye de Montecarlo de 1978. E esta xoia volveu ao ourive que a creou para finalizar o traballo de recuperación realizado polo noso equipo ata a data e deixalo en idénticas condicións que tiña hai trinta anos.

Continue reading PORSCHE 911 GITANES: A recuperar a historia…

As veces non é doado escribir …

03/05/2009 at 22:53 | In RALLYES | Comentários Desligados

Hai ocasións en que non é doado expresar os sentimentos con palabras. E iso é o que nos pasa a todos os que formamos o TEAM NUPEL, que xa nos sentiamos como unha gran familia, que hoxe está máis unida que nunca ante a traxedia sufrida polas nosas compañeiras do EMEVE LABORATORIOS NUPEL.

Voltaban das Illas Canarias as integrantes do equipo xuvenil feminino de voleibol, co título de subcampionas de España, cando o autocar que as trasladaba dende o aeroporto de Santiago de Compostela ata a nosa cidade sufriu un desgraciado accidente na mañá do domingo.

A alegría polo éxito deportivo acadado uníase á súa ilusión por chegar a Lugo e ver como os seus compañeiros do equipo xuvenil masculino se xogaban tamén a final do Campionato de España, en busca do título nacional.

Ás veces o destino xoga malas pasadas… e a alegría tórnase desolación. Hoxe máis que nunca é necesario que todos formemos unha verdadeira piña para soportar a dor que sentimos.

Blog em WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.