Costa Brava: a gañar, non temos outra
07/11/2008 at 23:30 | In NUPEL, PORSCHE, RALLYES, VALLEJO | Comentários Desligados
<vallejoracing.eu> Trala cerimonia de saida dende o podio po Paseo Marítimo de Lloret de Mar, os vehículos voltaron ao Parque de traballo para pasar alí a noite do venres. Antes, pola mañanciña, moitos pilotos percorreron o treito de probas, sen problemas destacables.

Moitísima xente estivo presente no paso dos vehículos de carreiras polo podio de saída, despertando grande interés a nutrida participación de vehículos da espectacular categoría GT, coa máis completa inscripción de todo o campionato, en parte pola la incorporación do catalán Xevi Pons ao NUPEL PORSCHE TEAM.

Restando duas probas para rematar o Campionato de España, a loita polo título púxose “ao roxo” entre o Peugeot Super2000 do cántabro Enrique García-Ojeda e o Porsche GT3 NUPEL dos irmáns Vallejo. O único certo e que ningún dos dous candidatos gardará nada dende á primeira curva ata a derradeira.
Blog em WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.

































