Pons e Vallejo: xornada de test

30/10/2008 at 16:58 | In BFGoodrich, NUPEL, PONS, PORSCHE, RALLYES, VALLEJO | Comments Off

< vallejoracing.eu > El TEAM NUPEL realizou unha intensa xornada de test, que foi aproveitada para facer quilómetros “en mollado” e tratar de mellorar o comportamento dinámico do Porsche en circunstancias meteorolóxicas complicadas.

< vallejoracing.eu > Tanto Sergio Vallejo como Xevi Pons rodaron alternándose na condución das dúas unidades de GT3 coas que conta o NUPEL PORSCHE TEAM. Coa caída da noite deuse por finalizada a actividade e ambos os dous pilotos mostráronse satisfeitos co traballo realizado e dispostos a afrontar a súa participación no próximo Rallye Costa Brava.

Respondendo a preguntas de medios desprazados ata o lugar, Xevi Pons manifestou que a súa intención en Lloret de Mar era correr “para disfrutar do coche e, aínda que o equipo non me marcou ningún tipo de obxectivo, tratarei de loitar por estar o máis arriba posible”. En canto a os test realizados, mostrou o seu agrado porque “puiden rodar todo o día coas dúas unidades, variar as regraxes ao meu gusto, … en Nupel respírase profesionalidade, pero cun trato enormemente familiar… só cunhas horas no equipo podo dicir que me sentín máis integrado nel que nalgún outro co que estiven máis tempo… o Nupel Porsche Team funciona como unha grande familia”.

Pola súa banda, Sergio Vallejo tamén estaba satisfeito co test e co seu compañeiro de Equipo, afirmando que “para min resultou estupendo que estivese a chover, porque podo afinar a miña condución en auga e probar distintos setup sen ter que facelo durante unha carreira… posiblemente Xevi preferise rodar en seco, para coñecer os límites do Porsche, pero tamén lle serviría de moito facelo nestas condicións tan complicadas e… polo que vin, adaptouse á perfección”.

No NUPEL PORSCHE TEAM estamos orgullosos coa incorporación de Xevi “a esta familia”, un piloto de grande talle profesional e excepcional calidade humana. Todos gozamos compartindo estes días en Lugo con el e co seu copiloto Alex Haro.

Blog em WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.