Rally Costa Brava … toca arriscar
22/10/2008 at 16:53 | In RALLYES | Comentários Desligados
<vallejoracing> Os días 7 e 8 de novembro dispútase o Rallye Costa Brava, penúltima proba do Campionato de España, cunha inscrición que promete ser de verdadeiro luxo.
<vallejoracing> Tanto o galego Sergio Vallejo, como o cántabro Enrique García-Ojeda e o canario Luis Monzón, xogan unha das súas últimas bazas para lograr a vitoria no certame nacional. Xunto a eles, haberá outros pilotos que estarán a loitar polas primeiras prazas da proba e que non lles porán as cousas doadas aos aspirantes ao título.
Especialmente destacable será a presenza do equipo patrocinado por LABORATORIOS NUPEL que, no seu afán de facer promoción de a espectacular categoría GT e de aumentar a repercusión publicitaria da empresa, decidiu que as dúas unidades de Porsche GT3 con que conta, participen neste Rallye Costa Brava.
Un dos vehículos estará nas mans do seu piloto habitual, Sergio Vallejo, que lidera provisionalmente o certame. O outro vehículo será confiado a Xevi Pons, piloto catalán sobradamente coñecido no panorama internacional, con grande experiencia en todo tipo de vehículos e que no seu día xa participara nunha proba aos mandos dun GT, naquel caso cun Aston Martin.

Sergio Vallejo é consciente de que o único resultado que lle serve de cara ao campionato é a vitoria neste rallye, polo que manifestou “que teño que saír a dalo todo dende o primeiro quilómetro, mesmo asumindo riscos. Se a meteoroloxía nos respecta, trataremos de poñerlles as cousas difíciles aos Super2000′.
Pola súa banda, Xevi Pons mostrou a súa ilusión por participar de novo nun rallye do Campionato de España de asfalto dentro da estrutura do TEAM NUPEL: “Espero gozar da condución deste espectacular vehículo nun rallye carismático para min. Tiña ganas de probar un Porsche GT e que mellor oportunidade que o facer co equipo de LABORATORIOS NUPEL, actual campión desta categoría”.
.

.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE RALLYES
CLASIFICACION XERAL PROVISIONAL
.
1º SERGIO VALLEJO – PORSCHE GT3 NUPEL -106,5 PUNTOS
2º LUIS MONZON – PEUGEOT SUPER2000 – 95 PUNTOS
3º ENRIQUE GCIA-OJEDA – PEUGEOT SUPER2000 – 94,5 PUNTOS
4º MIGUEL FUSTER – FIAT SUPER2000 – 65 PUNTOS
5º ALBERTO HEVIA – MITSUBISHI – 47 PUNTOS
.
.
CAMPIONATO DE ESPAÑA DE RALLYES
CLASIFICACION PROVISIONAL TROFEO GT
.
1º SERGIO VALLEJO – PORSCHE GT3 NUPEL -112,5 PUNTOS
2º SERGIO LOPEZ FOMBONA – NISSAN 350Z -78,5 PUNTOS
3º RUBEN GRAZA – NISSAN 350Z -55 PUNTOS
4º ARMIDE MARTIN – FERRARI – 48 PUNTOS
5º MANUEL AVIÑO – NISSAN 350Z -42 PUNTOS
Blog em WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.

































