Un mito volta aos rallyes
24/03/2007 at 20:00 | In PORSCHE, RALLYES | Comentários Desligados.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
.
O Campionato de España de Rallyes comenzóu coa disputa do Rallye Vilajoiosa en terras alicantinas durante esta fin de semana. O certamen presentóuse con importantes novidades nos vehículos participantes, sendo centro de atención especial o Porsche 997 GT3 dos irmáns Vallejo.A espectacularidade da montura chamóu a atención do público, moi especialmente porque se trata da volta aos rallyes de unha marca que acadóu importantes resultados no automovilismo deportivo e que, tras máis de vinte anos de ausencia no noso campionato, retornaba á competición. Este vehículo do NUPER PORSCHE TEAM é unha unidade mantida polo prestigioso preparador francés Bernard Vara, especialista en vehículos de competición Porsche e que hai máis de vinte años xa fixera o mesmo cos Porsche 911 guiados por pilotos da talla de Beny Fernández, Carlos Piñeiro ou Marc Etchevers, acadando importantes resultados no Campionato de España.
A participación do Porsche 997 GT3 ven de supoñer o debut en rallyes de este modelo, xa que se tarta da primeira unidade preparada e adaptada para competir en rallyes. O traballo de adaptación a esta especialidade resultóu importante, xa que se partía da base de un coche fabricado especialmente para correr en circuitos, tendo que desenrolar solucións de suspensión e reglaxe que permitisen un óptimo comportamento fora da pista, para facelo competitivo.
Na sua primeira participación, que o equipo NUPEL PORSCHE TEAM aproveitóu para apreciar a efectividade do Porsche en carreira, modificando reglaxes e probando distintas solucións para mellorar o rendimento, amosando que non estamos simplemente ante unha máquina de especial beleza, si non que ten un prometedor futuro no Campionato de España.
Tras disputar os primeros treitos cronometrados, nos que se comprobóu a adaptación de piloto e do equipo á nova montura e tras mellorar as prestacións de ésta, comenzóuse unha importante remontada na clasificación xeral, loitando por unha praza de podio no rallye. Cando a terceira posición da clasificación xeral estaba ao alcance da man e, tras marcar o mellor tempo no primeiro treito da terceira sección, problemas de embrague na seguinte especial obligaron aos irmáns Vallejo a retirarse da proba, coa conseguinte decepción para o público que seguía o rallye a pe de estrada, sendo unánime o comentario de que tiña sido o vehículo máis espectacular. Bos ventos chegan ao Campionato de España de Rallyes coa nova reglamentación que permite ós afeccionados disfrutar de uns coches espectaculares e de unha marca que ten representado un verdadeiro mito no deporte do motor. Finalmente, o rallye foi gañado polo alicantino Miguel Fuster, seguido do asturiano Alberto Hevia, ambos con vehículos da categoría Super 2000, sendo terceiro o piloto mundialista Xevi Pons. A vindeira cita do Campionato de España disputaráse nas Illas Canarias, onde voltará estar presente o Porsche 997 GT3 de Sergio e Diego Vallejo, o que agradecerán sen dúbida os entendidos e apaixoados afeccionados canarios.
Vistas as prestaciones do Porsche e a adaptación do piloto e do equipo, semella probable que se loitará de novo por acadar posicións de privilexio na clasificación xeral, continuando co ineludible obxectivo de que o NUPEL PORSCHE TEAM venza na categoría GT, reservada a estos vehículos de gran espectacularidade e tradición deportiva.
Blog em WordPress.com. | Theme: Pool by Borja Fernandez.
Entries and comments feeds.


































